2ºEP: CULTIVOS MÁIS IMPORTANTES DE GALICIA

 Durante estas semanas estivemos investigando cales son os cultivos máis importantes de Galicia.

Os nosos compañeiros Lois, Iker e Anthony coincidiron en que o millo e a pataca son dous dos cultivos máis importantes de Galicia. Ademáis das hortalizas como a leituga, o tomate, o pemento...

Tamén falamos das viñas e da importancia que teñen as uvas na nosa comunidade.

Por outra banda, Alex, Adrián, Dylan, Óscar e Leslie nos falaron de algo moi interesante: 

"As árbores froiteiras máis famosas da nosa comunidade": 

Falamos das maceiras, das pereiras, ameixeiras, dos kiwis e tamén dos aguacates, que dende fai uns anos estasne a converter nun cultivo importante nas nosas terras.






Comentarios