3ºEP: A VENDIMA E O PROCESO DE ELABORACIÓN DO VIÑO.

 Ao longo deste primeiro trimestre, o alumnado de 3º de Primaria estivo a traballar nun proxecto moi especial titulado:

“A vendima e o proceso de elaboración do viño”.

A través deste proxecto puideron achegarse á nosa tradición vitivinícola, coñecendo de primeira man como se recollen as uvas, que labores se realizan nas viñas, e cales son os pasos necesarios para transformar a uva en mosto e, finalmente, en viño. 
Traballaron con actividades manipulativas, investigaron, fixeron observacións directas e mesmo participaron en pequeñas experimentacións relacionadas coa fermentación. 

O resultado foi unha aprendizaxe significativa e motivadora, que lles permitiu comprender mellor unha parte importante da nosa cultura e do noso patrimonio.

Agardamos que gocedes coñecendo o seu traballo tanto como eles gozaron realizándoo.

Comentarios