1º EP: MURAIS SOBRE OS PROBLEMAS DO PLANETA RELACIONADOS COA AGRICULTURA E SÚAS POSIBLES SOLUCIÓNS.

@s nen@s de primeiro decidimos facer uns murais que incluíran todo o que aprendimos ao longo deste primeiro trimestre sobre os ecosistemas, o ecoloxismo e a educación ambiental, e de como todo isto está relacionado coa agricultura.



Dividímonos en dous equipos e cada un deles fixo un bosquexo co que quería representar no seu mural.
Tod@s @s compoñentes de cada equipo deron as súas ideas.



Chegou o momento de poñernos mans á obra. Todas esas ideas quedaron recollidas no mural colectivo.



Ademais, cada equipo buscou imaxes reais que reflectiran os problemas aos que se enfrenta o planeta e tamén as súas posibles solucións.



Os murais rematados incluímolos na exposición oral que lle fixemos ao resto do cole.
Ao rematar deixámolos no recibidor do cole para poder volver ser vistos por quen quixera.






Comentarios