Coñecedes cales son as árbores e os arbustos máis importantes de Galicia? as nenas e nenos de 2ºEP volo contan!
Vera e Daniela contáronnos que o castiñeiro, o piñeiro e o carballo son 3 das árbores máis famosas de Galicia.
Na clase estudamos os seus nomes científicos, as súas follas, o seu froito....
Asier, Gara, e Lucca contáronnos moito sobre as árbores da nosa zona e os seus froitos.
Tamén falaron dos arbustos como a xesta e o toxo. Coidado co toxo porque ten espiñas e pincha!!
Anxo foi dar un paseo e atopouse con carballos, castiñeiros, piñeiros e tamén con eucaliptos. Explicounos que os eucaliptos son unha especie invasora.

Brooke falounos das camelias, que son o arbusto máis famoso de Galicia. O sabías?
Ainara touxo un libro onde nos fala tamén das plantas máis importantes do noso entorno. Se queredes, pasade pola aula de 2º e o poderedes ler, xunto con outros libros sobre plantas que temos. A qué esperas?







Comentarios
Publicar un comentario