O venres 21 de novembro visitáronnos Berti e Gine para leernos un conto e realizar un obradoiro de confección de bonecas cos carulos do millo.
O conto títulábase “ Yaci y su muñeca“. Un conto marabilloso sobre unha rapaza e a súa boneca de millo.
Na lectura estábamos todos moi atentos para non perder detalle.
Despois da lectura comezamos co obradoiro, repartindo todo o material que precisábamos, que xa traian as dúas expertas. Despois de atender a explicación, comezamos coa creación da nosa boneca, pouco a pouco.
Deixámosvos por aquí un vídeo recopilatorio da actividade:
Comentarios
Publicar un comentario