Un día, cando fumos dar noso paseo diario da milla, atopamos a dous señores limpando o monte co seu tractor. Contáronnos que era moi importante limpalo regularmente para que se hai un incendio o lume non se propague tan facilmente, e así tamén evitar que chegue ás casas e aos cultivos.
Despois de falar con eles, pensamos que nós tamén podiamos axudar a manter limpa cosa contorna. Para iso creamos o "Equipo ecoloxista activista" no que toda a clase quixo participar. Ao día seguinte saímos á milla cunha bolsa e moitas ganas recoller canto lixo atopáramos polo camiño.
Comentarios
Publicar un comentario