Para finalizar este segundo trimestre, na clase de segundo preparamos unha deliciosa marmelada de amorodos.
Primeiro tivemos que investigar cales eran os ingredientes necesarios e os pasos para facer a receita.
Logo fixemos unha visita ao supermercado onde compramos todo o necesario para elaborar esta rica receita.
Por último, xa sólo quedaba cociñar!!
Puxémonos mans á obra: lavamos e cortamos a froita, engadimos nunha pota xunto cos demais ingredientes e remexemos ata que xa estivo lista a nosa marmelada. Colocamos en botes de cristal e deixamos repousar ata o día seguinte, cando tivo lugar á degustación.
Fixemos tostadas de marmelada e mantequilla e tamén vasiños de iogur natural con marmelada.

Invitamos aos nosos veciños de 1ºEP e eles tamén trouxeron a súa receita para compartir con nós: ensalada de pasta.
Aquí deixamos un resumo fotográfico:





Comentarios
Publicar un comentario