O alumnado de 4º de educación
primaria buscou receitas que precisaban mel para a súa elaboración. Cada equipo
escolleu unha receita e calculou os ingredientes para 40 comensais así como o
custo da mesma, o tempo de preparación, o nivel de dificultade e o tipo de
nutrientes. O grupo clase escolleu unha atendendo aos seguintes criterios:
-
Ingredientes de máxima prioridade na
pirámide nutricional.
- - Menor número de ingredientes.
- - Menor custo da receita.
- -A máis fácil de preparar.
- -A que se prepara en menos tempo.
- - Tipo de nutrientes.
Escolleron a receita de galletas crocantes con mel e puxéronse mans á obra.
Fomos á tenda, compramos os ingredientes, pagámolos e finalmente cociñámolos.
As galletas estaban boísimas!!!
.jpg)




Comentarios
Publicar un comentario