5º6ºEP: ELABORACIÓN DE UNGÜENTOS E XABÓNS NATURAIS

OBRADOIROS DE COSMÉTICA CASEIRA

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha actividade internivel moi especial relacionada co proxecto de centro deste curso.

Quixemos aproveitar os beneficios que nos aporta a natureza e para iso elaboramos ungüentos e xabóns naturais.

Traballando en grupos e colaborando entre os dous niveis, o alumnado foi seguindo os distintos pasos da receita con moita atención: prepararon os ingredientes, mesturáronos e elaboraron a súa propia crema. Completaron a actividade realizando xabóns naturais empregando glicerina, aos que lles engadiron diferentes elementos para darlles aroma e cor. 

Foi unha actividade moi enriquecedora e divertida, na que o alumnado gozou aprendendo e creando xunto aos seus compañeiros e

compañeiras.


Ungüento de romeu

Nesta ocasión, as nenas e os nenos elaboraron unha crema caseira empregando romeu seco, aceite de améndoa e cera de abellas.

Para extraer as propiedades do romeu primeiro infusionouse co aceite para finalmente mesturar ca cera de abella.

Ademais de aprender sobre o romeu e os seus beneficios, esta experiencia serviulles para desenvolver habilidades de cooperación, de investigación, seguir instrucións e experimentar de maneira práctica.

Xabón

Completaron a actividade realizando xabóns naturais empregando glicerina, aos que lles engadiron diferentes elementos para darlles aroma e cor. Nesta ocasión os aromas empregados foron canela en pó e raiadura de limón. Para darlle cor e vistosidade empregaron flores secas.

Comentarios