MANS Á MASA: 4º INFANTIL COCIÑANDO PIZZA!

 Despóis de ter debullado e moído o millo, chegou a hora de amasar afariña!   As máis pequenas e pequenos do cole puxéronse mans á masa para cociñar unhas deliciosas pizzas!

Primeiro consultamos en libros de cociña e vídeos os ingredintes que  iamos precisar e elaboramos a listaxe da compra con imaxes

Chegou o momento de saír ao súper e facer a compra!! non deixamos nada esquecido e Ana axudounos moito con todas as encargas.

Logo de lavar as mans, moi importante,  mesturamos os ingredientes e fartámonos de amasar e estirar ata que conseguimos unha masa ben xeitosa.

Coa base xa preparada, chegou o momento de engadirlle os elementos que máis nos gustan. Todas levaban queixo e tomate, pero a unhas engadímoslle xamón cocido, a outra atún, a outra aceitunas...fixemos para todos os gustos!

Rematado o proceso, e como as fixemos xigantes, pedímoslle ao panadeiro de enfronte ao cole que nolas metera no forno. Moitísimas grazas Jose, en 12 minutiños estaban listas!

Xa só quedaba a degustación, así que convidamos a todas as amigas e amigos de todo infantil e celebramos un convite á sombriña, no patio.  

Que delicia!!


obradoiro de Noa

Comentarios