No mes de marzo realizamos unha visita a APÍPOLIS. Todo o alumnado do cole acudiu a este centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas.
Nada máis chegar, visitamos a exposición sobre as abellas. Logo vestímonos de apicultores e entramos no apiario. Tamén vimos os productos que fabrican as abellas. Fixemos unha vela, probamos o polen e a mel e ata fixemos galletas. Foi un día moi completo!
Comentarios
Publicar un comentario