Convertémonos por un día en cociñeir@s! Empezamos por preparar a receita do prato que iamos cociñar: unha deliciosa ensalada de primavera, para darlle a benvida á nova estación.
Logo de facer a lista da compra, marchamos á tenda para mercar os ingredientes que iamos necesitar.
Xa de volta, puxémonos a cociñar: preparamos os igredientes e seguimos paso a paso a receita para que todo saíse a pedir de boca.
E como guinda do pastel, xuntámonos c@s compañeirxs da clase de 2ºEP para compartir o cociñado por ambas clases.
Comentarios
Publicar un comentario