Esta actividade levouse a cabo na asignatura de plástica ao longo do segundo trimestre co alumnado de 5º de primaria. Comezámola en xaneiro, tras a actividade do Día escolar da non violencia e da paz, pero tivemos que apartala unhas sesións por mor do Entroido.
Volvemos a retomala no mes de marzo e a verdade é que coa próxima chegada da primavera, o producto final sería moi adecuado. Rosalía de Castro inspirou o título da actividade final. Así foi como a comezamos en xaneiro.
O alumnado tivo que debuxar a súa planta imaxinaria e como non, darlle un nome a esa creación. Pero a verdadeira dificultade chegou no momento que lles mandei crear unha réplica do seu debuxo.
Aquí foi cando a actividade se complicou. Fixo falta 4 sesións para acadar o resultado final. Aquí tedes algúns dos materiais que podían empregar.
É verdade que algúns o tiveron máis doado ca outros. Os que remataron antes, botaron unha man aos compañeiros seguindo as instruccións dos creadores.
Creo que o resultado valeu a pena.
Comentarios
Publicar un comentario