Ao longo do proxecto aprendimos que hai cultivos que non teñen porque ser comestibles pero que tamén son importantes, tanto para atraer insectos beneficiosos para a horta como para alegrarnos a vista e o estado de ánimo. Por iso decidimos encher a nosa aula de diferentes plantas e participar no seu coidado e mantemento.
Cada semana encargámonos de observar seus cambios, limpar e pulverizalle as follas e, sei fai falla, regalas.
Ademais, tamén plantamos diferentes cultivos para ter en clase: chicoria, valeriana, amorodos vermellos e brancos (pois si, descubrimos que tamén os hai brancos) e espinacas.
Ter a clase chea de plantas axúdanos a estar máis contentos e a ter máis osíxeno para aprender mellor!
Comentarios
Publicar un comentario