COÑECENDO AS PLANTAS AROMÁTICAS

 Durante este terceiro trimestre, o alumnado de quinto de primaria estivemos aprendendo sobre as plantas aromáticas. Comezamos cun xogo de identificación e clasificación para distinguir entre plantas aromáticas e plantas medicinais. A conclusión foi que hai varias que pertencen aos dous grupos.

 
Máis tarde fixemos unha pequena enquisa ás familias para saber que plantas aromáticas se usaban nas nosas casas. Logo intentamos identificar no noso centro aquelas que xa temos para poder plantar algunha nova este curso.
 

En grupo de expertos de cooperativo investigouse catro plantas diferentes. Cada grupo debía buscar unha información concreta para posteriormente xuntala. As plantas foron as que posteriormente plantamos.

Esperemos que non morran!

Comentarios